É correto o uso do termo desescalada em galego? - Diversidades - Ciberdúvidas da Língua Portuguesa
Início Outros Diversidades Artigo
É correto o uso do termo desescalada em galego?
É correto o uso do termo desescalada em galego?
Em Portugal, apesar de estar recolhido, não se emprega a respeito do desconfinamento

 «"Unha vez admitida escalada*, nada impide crear unha derivada con sentido negativo".»

 

 

As situacións insólitas adoitan traer [=costumam trazer] consigo unha recua [= fileira] de novas palabras que conquistan o noso discurso diario. Corentena, confinamento, resiliencia, pandemia ou máscara incrementaron de maneira abisal o seu uso nos últimos tempos.

Se algúns termos xa se atopaban na lingua, outros novos poden xurdir [=surgir], como é o caso da desescalada, tan empregada nas últimas semanas. Este neoloxismo, de forma idéntica en castelán, espertou polémica por parte da Real Academia Española, que nun primeiro momento o desaconsellou por consideralo calco do inglés, mais rematou por admitilo como unha alternativa válida. Que acontece co galego? Cómpre [= cumpre] falarmos de desescalada?

Manuel González, coordinador do seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) e director do Servizo de Terminoloxía Galega (Termigal) do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, non atopa [= encontra] en principio un gran conflito con esta palabra.

Escalada está recollida no dicionario da RAG, procedente do inglés escalation, para referir un «aumento brusco ou gradual de certos fenómenos», aplicada con frecuencia a conflitos armados, na enésima mostra do discurso bélico co que o Goberno estatal enfrontou a COVID-19.

«Unha vez admitida escalada, nada impide crear unha derivada con sentido negativo», explica González. De facto, como destaca Inés Veiga, traballadora do Termigal, atopamos equivalentes da palabra en linguas veciñas como o portugués ou o francés.

Dado que é escalada o substantivo que figura, esta solución sería preferíbel fronte a desescalamento ou desescalado, que tamén foron empregadas. Para alén do máis, cómpre [= cumpre] destacar que existen outras palabras na lingua que poderían empregarse igualmente quer no sentido positivo (ascenso, subida, aumento) quer no negativo (descenso, baixada, redución).

Máis problemática resulta a nova acepción que está a adquirir a voz [= vocábulo], como «o proceso de recuperación da normalidade», opina González. En lugar de falarmos dunha «desescalada das medidas de confinamento», onde o termo refire o descenso, esténdese o seu uso como fase de retorno ao statu quo: «Feixoo presentará unha proposta de desescalada para a Galiza.» Este novo significado xa é máis discutíbel, se ben é certo que «está a ter moito uso en redes sociais e medios de comunicación», valora González.

Noutras linguas

Desescalada é un neoloxismo recente. «En castelán e catalán, por exemplo, aínda non se rexistra nos dicionario de referencia, aínda que algunhas institucións están a pronunciarse favorabelmente acerca do seu uso», explica Veiga. A primeira aparición no corpus do español data de 1986, se ben noutras linguas é anterior. «O francés désescalade incluíuse por primeira vez nunha obra lexicográfica xa en 1968», apunta.

Atópanse ademais equivalentes no italiano de-escalation ou deescalazione, no inglés de-escalation e no propio portugués desescalada, que apoian a creación do antónimo da voz escalada recollida nas obras de consulta galegas. Mais [= mas] sobre a súa inclusión na norma, o importante sería agardar a ver se se consolida, entendendo que «os dicionarios non poden fechar os ollos ao uso», opina González.

A resposta do portugués

A entrada de novas palabras na lingua é un fenómeno que acontece decote [=diariamente], mais do que non adoitamos ser conscientes. No galego esta inclusión tende a facerse «coa mesma semántica e morfoloxía do castelán. As persoas reintegracionistas estamos pendentes de como entran as palabras e procuramos a solución máis próxima á adoptada nos países lusófonos», explica Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua.

Curiosamente desescalada, introducida a raíz do [=devido ao] discurso político estatal, é unha palabra recollida en dicionarios de portugués. Porén, en Portugal non se está a empregar para nomear esa fase de volta é normalidade. Quer o Goberno quer os xornais falan máis ben de «desconfinamento progressivo», empregando o adxectivo para outorgar ese valor gradual dunha «transição controlada». Sería esta, pois, a fórmula máis achegada á «coordinación que procuramos coa lusofonía», apunta Maragoto, que entende ademais que encaixa coa tendencia de precisión da prensa portuguesa.

 

* Desescalada  é usado em Espanha para designar o processo que se chama desconfinamento em Portugal (e também no Brasil, como se atesta na revista IstoÉ e no jornal O Globo). Na Galiza, o jornal galego Nós, na sua edição de 26 de abril de 2020, dá conta das dúvidas sobre a a  introdução do termo na língua galega e interroga alguns especialistas sobre a respetiva correção, num confronto com outros idiomas, incluindo o português.

Na imagem, aspeto da famosa Praça do Obradoiro em Santiago de Compostela durante a crise sanitária de abril de 2020 (Fonte: Galicia é, 14 de abril de 2020/Agência EFE

Fonte

Artigo publicado em 26 de abril de 2020 no jornal galego Nós. Adaptaram-se o título e o subtítulo originais, mas manteve-se o texto em galego (na ortografia aprovada pela Real Academia Galega). As palavras suscetíveis de incompreensão são seguidas do seu equivalente em português corrente entre parênteses retos.