Juventude em Galego
F. V. Peixoto da Fonseca (pergunta de "Juventude em várias línguas") di que em galego "juventude" é "xuventú"... não é assim, senão que é "xuventude" (galego normativo e recolhecida por todos, "xuventú" seria um castelanismo, o x sería uma consoante palatal xorda, o -en- estaría um pouco nasalizado, e não havería "e" mudo, ao final). Os días son "Luns, Martes, Mércores (não mercoles), Xoves, Venres (não Vernes), Sábado e Domingo" Dispensen os erros que tenha no meu Português.
Vou falar en galego. Nalgunhas respostas dise que o Galego é un dialecto do Portugués, mais non é así. É unha evolución do Galego-Portugués, o mesmo que o Portugués, o Galego é outra lingua intimisimamente relacionada coa vosa. Sen dúbida, é mesmo sistema. Pero afirmacións como que é unha variante do Portugués, ou que "O galego é uma espécie de dialecto do português" non son correctas en absoluto. Cómpre renovar a bibliografía. «Língua, hoje, propriamente falando, há só uma, o português. Esperamos que o galego, de dialecto que é actualmente, seja promovido a língua literária, aproximando-se do português, e acabando por se confundir com ele.» (Estudos Galego-Portugueses, p. 87, Lisboa, 1979)": O Galego xa era lingua literaria. Xa no 79 tinhamos cotas altísimas de literatura xeradas a raíz do "Rexurdimento". O de dialecto... no 79, catro anos despois da morte de Franco, que na súa dictadura xerou un sistema de terror e unha marxinalización incrible do galego (se falabas públicamente en galego podías ser asasinado misteriosamente). O Galego xa foi prohibido e perseguido no s. XV polos Reis Católicos. Os séculos escuros, que é como o chamamos. Non se podía publicar nada na nosa lingua. Logo coa ilustración, comezou toda a labor unificadora das variedades rexionais, gramáticas, dicionarios... todo ía moi ben... pero coa chegada de Paquinho Franco... de todas formas, o Galego sempre foi a lingua mais falada con moitísima diferencia na Galiza. Hoxe é a lingua prioritaria para sobre o 60-70% da población, na grandísima maioría bilingüe. No 79 dicir que era un dialecto... realmente era unha idea un pouco franquista (ignorar toda a normalización soterrada hata a época)... pero citar agora iso, non ten senso ningún.
